

En abril do 2008 Blusens anunciou a constitución de Blusens Global Corporation, compañía holding resultante da fusión de Blusens Technology e as súas filiais Blusens Middle East e Blusens China, coa intención de abrir inmediatamente a filial Blusens Sudamérica.
Ao mesmo tempo Inveravante, corporación presidida por Manuel Jove Capellán, e Blusens asinaron a entrada da primeira nesta compañía, que se produce a través dunha ampliación de capital en Blusens Global Corporation. En virtude desta operación, Inveravante adquire o 47,5% do capital, unha vez que José Ramón García e Miguel Silva, cofundadores de Blusens, se converteron en accionistas únicos ao adquirir previamente as participacións doutros socios minoritarios. A valoración final da compañía, tras a ampliación do capital, ascende a 50 millóns de euros. Esta nova estrutura accionarial reforza as posibilidades da compañía para garantir a consecución dos obxectivos estratéxicos, cuxa principal valoración é a expansión internacional a partir de 2008; unha fase que Blusens acometerá como unha empresa sólida continuando co mesmo equipo xestor.
En 2002, Blusens iniciou a súa actividade comercial no sector da electrónica de consumo, dominado ata ese momento por grandes marcas multinacionais e definiu ambiciosos obxectivos que estaban xa plasmados no Plan estratéxico 2002-2005. Unha iniciativa deseñada para ser diferentes e innovadores, crecer a un ritmo vertixinoso e achegar zume novo a un sector necesitado de cambio. E iso, creando dende cero, dende Galicia e para todo o mundo unha marca de calidade, guiada pola excelencia en todos os aspectos. O obxectivo era e é, facelo mellor que os demais.
Blusens superou con creces os obxectivos deste plan ao situarse, en só catro anos, como o fabricante líder de vendas de MP3 en España, con crecementos de ata o 200% anual e sen síntomas de desaceleración.
A oferta de Blusens céntrase nos produtos de alta tecnoloxía dirixidos á electrónica de consumo, dende MP3 ata TV LCD, pasando por DVD-DivX, PMP, DVD portátiles, navegación GPS, produtos de comunicación etc. Unha aposta arriscada nun sector no que só xogan os grandes de sempre, pero á vez necesitado de novas ideas, como demostrou a excelente acollida dos nosos produtos.

Tras cinco anos de vida, Blusens está hoxe presente en máis de 6.000 puntos de venda das maiores cadeas de distribución en España e converteuse nun dos referentes do sector no noso país. Os nosos clientes recoñeceron os elementos diferenciadores da nosa oferta: innovación permanente, relación calidade-prezo, rendibilidade garantida, mercadotecnia creativa e servizo posvenda.
O compromiso de Blusens de constante mellora da calidade do produto e da atención á clientela vai reflectido na creación dun Centro de Soporte Técnico e un call-center propios. Ambos os dous están situados na sede central de Santiago de Compostela e responden de xeito rápido e eficaz ás demandas e requirimentos da nosa clientela. Esta resposta tradúcese nun servizo exemplar, que chega ata o punto de recoller a mercadoría na casa do/a usuario/a, reparala e devolvela sen custo ningún para o/a cliente/a.
A traxectoria de Blusens e a súa xestión empresarial tiveron o seu recoñecemento con algúns dos máis prestixiosos galardóns. José Ramón García, presidente executivo de Blusens recibiu o premio Empresario do Ano 2007 outorgado pola AJE (Asociación de Novos Empresarios) entregado pola SAR o Príncipe de Asturias, e en 2008 foi premiado Empresario Emerxente pola prestixiosa consultora Ernst&Young.
O noso plan actual de internacionalización non só se fundamenta nunha lóxica comercial, senón nunha expansión de recursos tecnolóxicos propios que se basea en alianzas estratéxicas, entre as que podemos destacar, entre outras, as que recentemente se formalizaron con Samsung Semiconductors, Casio, Toshiba, Blom, Sigmatel, Nanoradio e Infineon, para asegurar a incorporación da mellor tecnoloxía en toda a nosa gama de produtos. Como parte deste proceso de internacionalización establecemos filiais en zonas estratéxicas como Dubai (Blusens Middle East), China (Blusens China) e Uruguai (Blusens Sudamérica). De igual xeito, establecemos acordos e alianzas con distribuidores locais nos países nos que, inicialmente, non temos presenza directa con filiais.
Blusens está tamén presente nas feiras máis importantes do sector no ámbito internacional, como son IFA, GITEX, SIMO ou Hong Kong Trade Show, e ao ser membros de CEA (Consumer Electronics Association), Blusens terá unha significativa presenza no CES 2009 en Las Vegas.
A innovación permanente é un dos piares do éxito de Blusens. E dado que o sector das tecnoloxías avanzadas se atopa dominado por multinacionais que se comportan de forma global, a innovación é vital para o presente e o futuro de Blusens. Converter a Blusens nunha marca internacional é o noso gran reto para o período de planificación estratéxica 2007-2009; para logralo, a innovación é fundamental, así que dedicamos a I+D+i un 10% da nosa cifra de negocio actual, o que se reflicte tamén no crecemento dos RRHH dedicados a estas tarefas.
Blusens I+D+i contribúe a alcanzar os obxectivos estratéxicos de Blusens, impulsa a nosa imaxe de marca, dá contido ao carácter innovador da empresa, subliña o noso carácter tecnolóxico e confirma a nosa aposta pola calidade.
.jpg)


18-12-2008 Blusens anuncia la incorporación de tecnología Gigle en su blu:brain Home Entertainment Device
03-12-2008 TDT y disco duro multimedia en uno
03-12-2008 Viaja viendo tus programas favoritos
03-12-2008 La apuesta informática de Blusens se llama FreePC
03-12-2008 Blusens anuncia la apertura de una nueva filial en Canadá
03-12-2008 Libera las canciones preferidas de tu MP3 con los altavoces Bee:blu
20-11-2008 EFRÉN CONQUISTA EL CEV PARA BLUSENS BQR
11-11-2008 Blusens continúa con su ambicioso proceso de internacionalización en GITEX Technologic Week
07-11-2008 BLUSENS APRILIA SE REFUERZA CON RABAT
28-10-2008 FELIZ FINAL DE TEMPORADA
07-10-2008 [Novas do Producto] Blu:Brain
29-09-2008 EL GP JAPÓN DEJA BUEN SABOR DE BOCA
23-09-2008 BLUSENS ESTARÁ PRESENTE EN EL GITEX TECHNOLOGY WEEK DE DUBAI
15-09-2008 REDDING ROZA EL PODIO EN EL GP INDIANÁPOLIS
10-09-2008 Keia, de Blusens, un MP3 ao ritmo do noso tempo
02-09-2008 Co novo Keia, Blusens redefine o concepto en reprodutores MP3
01-09-2008 BLUSENS APRILIA SE QUEDA A MEDIAS EN MISANO
29-08-2008 Blusens presentará en IFA08 os seus produtos estrela para 2008
07-08-2008 Blusens presentará en IFA os seus novos produtos
14-07-2008 REDDING REGRESA AO TOP 10 EN ALEMAÑA
22-06-2008 VICTORIA!
08-06-2008 REDDING REGRESA AO TOP 10
19-05-2008 UN FIN DE SEMANA NEGRO
04-05-2008 El GP CHINA deja buen sabor al Blusens Aprilia
28-04-2008 Blusens se convierte en Blusens Global Corporation.
14-04-2008 El infortunio frena al Blusens en Estoril
09-04-2008 Blusens apuesta por la música y crea un sello musical totalmente digital
03-04-2008 Blusens confía en Ketchum SEIS en materia de comunicación y relaciones públicas.
02-04-2008 Importante presencia comercial de Blusens en Dubai
01-04-2008 Miss España 2008 será imagen del catálogo Blusens
